martes, 2 de abril de 2013

Doble traballo o sábado 6 de abril

Como este traballo é así, o sábado día 6 de abril teño doble función: Pola mañá comezamos coas actividades de Nexos,na Cidade da Cultura. Onde introduciremos aos nenos e nenas no mundo da literatura dunha forma lúdica. Este mes as actividades versarán sobre Rayuela, de Julio Cortázar, para celebrar os 50 anos da obra Pola tarde achegareime a contar contos a LaTuerka 27, unha sala de microteatro e espectáculos da Coruña.Na sesión contarei Barbadac,unha pequena ogresa e O Trasno velliño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario