martes, 7 de mayo de 2013

Pequena en Teo

Mañá mércores ás 18h no auditorio da Ramallosa en Teo, Pequena contará as súas historias coa ogresiña Barbadac e a pulga Petipuá.

lunes, 6 de mayo de 2013

Maio Vintage Market

E a guinda do pastel da fin de semana puxémola no mercadiño Maio Vintage organizado pola Plataforma Creaturas onde estiven contando un contiño.Foi un éxito de público e os obradoiros tiveron moita acollida. Pasámolo en grande e puidemos mercar cousiñas Vintage e creativas.Para ser a primeira acción conxunta de tódalas Creaturas foi todo un éxito!!Esperamos seguir así de activos !

O trasno velliño na Cachada

O venres pola tarde seguimos coas sesións de contos na Casa de Cultura de Boiro, desta vez: "O Trasno velliño", "O Papón" e un contiño pequeniño chamado "Iriña a Bailarina".Como da outra vez,acudiron un montón de nenos e nenas cos seus familiares dispostos a escoitar as historias e divertirse.

Nexos Infantil na Cidade Da Cultura

O sábado 4 de 12 a 14h fixemos unha nova sesión do ciclo Nexos na Cidade da Cultura. Esta vez as autoras sobre as que traballamos e fixemos actividades foron: Virxinia Woolf e Clarisce Lispector. Falamos das escritoras,vimos un conto en dvd, contamos e xogamos con outro , fixemos xogos de roles e un mural. E coma sempre aprendemos unha morea de cousas!!

Pequena en Rois

Comeza a semana despois dunha finde chea de traballo e diversión. O venres día 3 estiven pola mañá facendo Pequena para alumnos e alumnas dos coles de Urdilde e Rois.Agochada e preparada para sair a escena oínlle a un neno cando entraba no auditorio: "ahhh, es teatro". Mamaiña, o que me espera!, pensei e púxoseme o corazón a mil.Non estivo tan mal a cousa. E despois invitáronme a coñecer á Araña Patraña, que é a mascota da biblioteca de Rois.

jueves, 2 de mayo de 2013

Preparando atrezzo de Pequena

Despois de tanta choiva e tanta humidade os pans de Pequena non valían para ver...e menos para actuar con eles!!Así que seguindo os consellos dunha amiga e directora ben argalleira vou secar máis pans. Podemos chamalos Pans ao Sol!!

viernes, 19 de abril de 2013

Contando en Cambre con Paula Carballeira

Esta semana tiven o privilexio de ir contar un conto con Paula Carballeira ás bibliotecas de Cambre...ela si que é a Raíña das historias!!