viernes, 19 de abril de 2013

Contando en Cambre con Paula Carballeira

Esta semana tiven o privilexio de ir contar un conto con Paula Carballeira ás bibliotecas de Cambre...ela si que é a Raíña das historias!!

Animalario de contos en Boiro

A primeira sesión de contos na Biblioteca da Casa da Cultura de Boiro xa foi alá!Estivo chea de xente grande,pequena e de moitas risas.

lunes, 8 de abril de 2013

Sábado activo

Mural feito polas nenas na sesión matutina de Nexos sobre Cortázar na Cidade da Cultura... Tarde de contos en Latuerka27...

martes, 2 de abril de 2013

Doble traballo o sábado 6 de abril

Como este traballo é así, o sábado día 6 de abril teño doble función: Pola mañá comezamos coas actividades de Nexos,na Cidade da Cultura. Onde introduciremos aos nenos e nenas no mundo da literatura dunha forma lúdica. Este mes as actividades versarán sobre Rayuela, de Julio Cortázar, para celebrar os 50 anos da obra Pola tarde achegareime a contar contos a LaTuerka 27, unha sala de microteatro e espectáculos da Coruña.Na sesión contarei Barbadac,unha pequena ogresa e O Trasno velliño.